RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril non se deixa sorprender por un CD Choco pechacancelas pero combativo

O Fabril dobregou (3-1) en Abegondo ao CD Choco, pechacancelas da Tercera RFEF, en partido correspondente á 11ª xornada.

O filial deportivista arrancou o partido dominando o xogo ante un rival necesitado de puntos. Despois dun par de boas ocasións, Martín Ochoa adiantou aos de Óscar Gilsanz aos 38 minutos, resultado co que se chegou ao descanso.

Despois do paso polos vestiarios, Diego Gómez, desde o punto de penalti, aumentou a vantaxe no marcador, circunstancia que parecía determinante dada a diferenza clasificatoria dun e outro equipo.

Así pois, cando o choque estaba encarrilado, o CD Choco recortou diferenzas no minuto 54 e volveuse a meter no partido.

Óscar Gilsanz comezou a mover o banco. Deu entrada a Barba e Currás e controlar así o xogo posto que o partido abriuse, con opcións para os dous equipos nas dúas áreas.

Iván, no tempo de desconto, selou a quinta vitoria consecutiva do líder.

Con este resultado, o Fabril suma 27 puntos na cabeza da clasificación.

Fabril: Brais, Marc, Dani Barcia, Puerto, Iano Simão, Brais Val, Jairo, Iñaki, Diego Gómez, Nájera e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Currás, Barba, Iván e Jesús Ares.

Este xoves 8, día festivo, o Fabril visita no Couto (17:00 horas) ao UD Ourense.

Os resultados do Fabril en liga até a data son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0
Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0
Gran Peña FC 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa -2-)
Fabril 3 (Nájera, Diego Gómez e Marc Lachèvre) - Silva SD 2
Atlético Arteixo 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Dani Barcia)
Fabril 3 (Martín Ochoa, Diego Gómez e Iván) - CD Choco 1