RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril pecha o reforzo do central Aarón Sánchez

-Foto: CF Fuenlabrada

 

O Fabril reforza a súa defensa co central Aarón Sánchez Martín (Madrid, 10 de maio de 2003) para as 2 próximas temporadas.

Formado nas categorías inferiores do DAV Santa Ana, Marbella FC e CF Fuenlabrada, a temporada pasada (2023-24), este defensa central disputou co conxunto madrileño 11 partidos no grupo 1º de Primera Federación. Mesmo xogou uns minutos o pasado 4 de febreiro en ABANCA-RIAZOR no choque ante o Dépor que finalizou con triunfo deportivista (4-1).

Aarón Sánchez debutou co primeiro equipo do CF Fuenlabrada na temporada 2022-23 (26 de marzo) tamén en Primera Federación. Saíu de inicio ante o AD Mérida nun partido que venceron os madrileños (2-0).

O futbolista madrileño convértese no primeiro reforzo do equipo de Óscar Gilsanz en Segunda Federación, pechadas as renovacións dos canteiráns Álvaro Mardones e David Domínguez.