RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
INFANTIL A

O Infantil aférrase ao liderado da División de Honra ante un tenaz Arosa SC

O Infantil gañou en Abegondo (3-1) a un competitivo Arosa SC en partido correspondente á 9ª xornada na División de Honra.

Adiantou aos branquiazuis Raúl aos 14 minutos pero após o descanso, os arousáns saíron mellor e lograron a igualada. Raúl e Sergio Cortizo, este no último minuto, sentenciaron un disputado partido.

Con este resultado, o equipo de Borja Souto mantense no liderado con 27 puntos por 25 puntos do RC Celta, o seu inmediato perseguidor.

Infantil: Daniel Suárez, Miguel, Nikolay, Eder, Daniel López, Iago Varela, José Quiroga, Sergio Cortizo, Raúl e Gabri. Tamén xogaron: Lucas López, Javi Seoane, Picallo, Pablo Vara e Antón. 

A próxima fin de semana, a Infantil visita ao Bertamiráns FC.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

CD Lugo 1 - Infantil 5 (Raúl -2-, Sergio Cortizo -2- e Picallo)
Infantil 6 (Sergio Cortizo -4-, Antón e Nico) - EF Portero '2000' 1
Infantil 6 (Picallo, Sergio Cortizo -2-, Antón Caamaño e Miguel) - CD Areosa 1
Victoria CF 0 - Infantil 6 (Sergio Cortizo -2-, Miguel, Raúl, Gabri e Picallo)
Infantil 5 (Miguel -3-, Antón e Raúl) - San Tirso SD Infantil 0
ED Val Miñor Nigrán 1 - Infantil 4 (Sergio Cortizo -3- e Raúl)
Infantil 5 (Nikolay -2-, Sergio Cortizo, Raúl e Picallo) - Pabellón Ourense CF 0
AJ Lérez 1 - Infantil 3 (Miguel, Gabri e un futbolista rival en propia meta)
Infantil 3 (Raúl -2- e Sergio Cortizo) - Arosa SC 1