RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil gañou de novo ao ED Val Miñor e cítase co RC Celta na gran final da División de Honra

O Infantil derrotou (1-0) ao ED Val Miñor Nigrán nun duro partido de volta das semifinais polo Título da División de Honra. Íker Casuso foi o autor do único tanto branquiazul nun choque disputado no campo principal de Abegondo.

Infantil: Gabri, Gael, Sergio Míguez, Adrián, Samba, Mauro, Borja, Trigo, Casuso, Nico e Roi. Tamén xogaron: Íker Rozada, Mateo Caamaño, Iago Vázquez e Xoel.

No partido de dia, hai unha semana, xa venceran (3-5) os pupilos de Kata Sicardi.

Agora, Dépor e Celta, que apeou ao Pabellón Ourense CF, xogaranse o título da División de Honra a partido único en data e campo por decidir.

Os resultados do Infantil nestas semifinais polo Título foron os seguintes:

Ida

ED Val Miñor Nigrán 3 - Infantil 5 (Mateo, Borja -3- e Casuso)

Volta

Infantil 1 (Casuso) - ED Val Miñor Nigrán 0