O Infantil saca proveito en Nigrán da efectividade en ataque de Sergio Cortizo
O Infantil aproveitou na súa visita ao ED Val Miñor Nigrán (1-4) a efectividade en ataque de Sergio Cortizo (na foto na fila de abaixo o segundo empezando pola dereita), máximo goleador da División de Honra con 13 goles.
O atacante deportivista, neste partido correspondente á 6ª xornada, anotou 3 tantos dos 4 do seu equipo. Raúl redondeou o marcador para o equipo de Borja Souto.
Con este resultado, o Infantil suma 18 puntos de 18 posibles á fronte da táboa.
Infantil: Lucas López, Iago Varela, Guille, Esteban Ruiz, Nikolay, Daniel, Antón, José Quiroga, Sergio Cortizo, Raúl e Miguel Roade. Tamén xogaron: Daniel Suárez, Javi Seoane, Picallo, Gabri e Daniel López.
Esta semana, os deportivistas Nikolay, Sergio Cortizo, Raúl Lema e Esteban Ruiz xogaron coa Selección Galega sub-14 un partido de adestramento na Madroa ante o RC Celta de Liga Galega cadete.
A próxima semana, o Infantil recibe en Abegondo ao Pabellón Ourense CF.
Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:
CD Lugo 1 - Infantil 5 (Raúl -2-, Sergio Cortizo -2- e Picallo) Infantil 6 (Sergio Cortizo -4-, Antón e Nico) - EF Portero '2000' 1 Infantil 6 (Picallo, Sergio Cortizo -2-, Antón Caamaño e Miguel) - CD Areosa 1 Victoria CF 0 - Infantil 6 (Sergio Cortizo -2-, Miguel, Raúl, Gabri e Picallo) Infantil 5 (Miguel -3-, Antón e Raúl) - San Tirso SD Infantil 0 ED Val Miñor Nigrán 1 - Infantil 4 (Sergio Cortizo -3- e Raúl)