O partido do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR ante o Levante UD, "Día DÉ..." A Nosa Casa
O partido ligueiro do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR deste venres 17 de xaneiro ás 20:00 ante o Levante UD foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." A Nosa Casa.
Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio a representantes das empresas que diariamente prestan os seus servizos tanto en Abegondo como en ABANCA-RIAZOR: Calfensa, Nordés Media, Prosegur, Limpezas Riazor, Caricles, Área 34, Déporhostelería, Mui e Déportiendas.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.