O RC Deportivo reclama unha data e unha hora para a firma da prórroga do convenio de uso de ABANCA-RIAZOR
O Concello da Coruña comunicou na tarde de hoxe ao RC Deportivo que designou tres interlocutores para iniciar negociacións para a prórroga do convenio para o uso do estadio ABANCA-RIAZOR.
O Club considera que ambas as partes deixaron claro, no día de hoxe, que a decisión da prórroga dun convenio con 25 anos transcorridos e que permitiu un correcto funcionamento, está decidido, sen cambiar ningunha cláusula.
Para paliar os efectos da campaña de descrédito activada en plataformas e redes sociais na nosa contra, e que siga avanzando, o RC Deportivo considera necesario reclamar ao Concello unha data e hora definitiva para a firma do convenio.
Aínda que o Concello solicitou non publicar as mensaxes intercambiadas, en aras á transparencia, o RC Deportivo fai pública esta comunicación e seguirá trasladando á opinión pública as futuras comunicacións entre o Club e o Concello.