RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
SAN TIRSO SD

O San Tirso SD Cadete asina ante o Pabellón Ourense CF a súa sexta vitoria consecutiva na División de Honra

Un San Tirso SD Cadete lanzado logrou ante o Pabellón Ourense CF (3-2) no Monte a súa sexta vitoria consecutiva na División de Honra; é dicir, 18 puntos sumados dos últimos 18 puntos en xogo.

Gael e Nico -2- foron os goleadores dos 'verdes' nun partido no que souberon sobreporse a dúas igualadas dos ourensáns no marcador.

Co resultado deste partido correspondente á 21ª xornada, o conxunto de Samuel Montoto ascende á 9ª posición con 28 puntos.

San Tirso SD Cadete: Diego, Sergio Míguez, Adrián, Ander, Mauro, Nico, Gael, Sabino, Pablo Crespo, Xoel e Héctor. Tamén xogaron: Joaquín, Guille e Samuel.

A próxima fin de semana toca de novo partido na casa, esta vez ante o Atlético Coruña Montañeros CF.

Os resultados do San Tirso SD Cadete até a data son os seguintes:

San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - CD Areosa 2
Victoria CF 0 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo e Gael)
San Tirso SD Cadete 0 - ED Xuventude de Oroso 1
Pabellón Ourense CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta)
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 1 (Antón Sánchez) - RC Celta 3
Arosa SC 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 0 - ED Val Miñor Nigrán 1
Coruxo FC 1- San Tirso SD Cadete 3 (Guille, Samba e Héctor)
San Tirso SD Cadete 2 (Héctor e Gael) - Ural Español CF 4
Salgueiriños CF 3 - San Tirso SD Cadete 2 (Gael e Guille)
San Tirso SD Cadete 2 (Nico e Héctor) - UD Ourense 1
CD Conxo Santiago 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 0 - CD Lugo 2
Deportivo 4 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo Crespo e Gael)
San Tirso SD Cadete 2 (Gael e un futbolista rival en propia meta) - Rápido de Bouzas 1
Racing de Ferrol 1 - San Tirso SD Cadete 2 (Borja e Sabino)
CD Areosa 0 - San Tirso SD Cadete 3 (Mauro -2- e Pablo Crespo)
San Tirso SD Cadete 3 (Gael -2- e Pablo Crespo) - Victoria CF 0
ED Xuventude de Oroso 1 - San Tirso SD Cadete 6 (Pablo Crespo -3-, Joaquín, Héctor e Nico)
San Tirso SD Cadete 3 (Gael e Nico -2-) - Pabellón Ourense CF 2