RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
SAN TIRSO SD

O San Tirso SD Cadete suma 3 valiosos puntos a pesar de encaixar un gol aos 2 minutos

O San Tirso SD Cadete suma 3 valiosos puntos na súa visita ao Coruxo FC (1-3), en partido correspondente á 9ª xornada na División de Honra.

O partido non se puxo nada fácil, posto que o conxunto vigués púxose por diante no marcador aos 2 minutos. Dez minutos máis tarde, Guille lograba igualar e Samba anotaba o segundo dos 'verdes' no minuto 35. 

Após o descanso, Héctor sentenciou o choque na recta final.

Con este resultado, o equipo de Kata Sicardi suma 7 puntos e sitúase na 13ª posición da táboa.

San Tirso SD Cadete: Diego, Joaquín, Adrián, Xoel, Ander, Samba, Gael, Álex Domínguez, Guille, Pablo Crespo e Roi. Tamén xogaron: Sabino, Casuso e Héctor.

O vindeiro sábado, o San Tirso SD Cadete recibe no Monte ao Ural Español CF.

Os resultados até a data do San Tirso SD Cadete son os seguintes:

San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - CD Areosa 2
Victoria CF 0 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo e Gael)
San Tirso SD Cadete 0 - ED Xuventude de Oroso 1
Pabellón Ourense CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta)
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 1 (Antón Sánchez) - RC Celta 3
Arosa SC 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 0 - ED Val Miñor Nigrán 1
Coruxo FC 1- San Tirso SD Cadete 3 (Guille, Samba e Héctor)