RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
SAN TIRSO SD

O San Tirso SD Infantil colle aire á conta do EF Portero 2000

O San Tirso SD Infantil colle aire na División de Honra após a súa vitoria (6-3) no Monte ante o EF Portero 2000, en partido correspondente á 8ª xornada.

Os branquiazuis dominaron a primeira parte e comezaron a segunda cun 3-0 que parecía deixar sentenciado o encontro. 

No entanto, os pontevedreses apertaron e chegaron a porse 4-3 no marcador. Un último arreón final do equipo de Samuel Montoto serviu para amarrar definitivamente os 3 puntos.

Hugo Ferreiros -2-, Manu Alcázar, Mateo Varela, Gandarela e Hugo Caridad foron os autores dos goles do San Tirso SD Infantil, que suma 9 puntos na táboa e ascende á 11ª posición.

San Tirso SD Infantil: Brais Taín, Sergio Infante, Mateo Varela, Antón Vilariño, Manu Alcázar, Thiago Montes, Hugo Ferreiros, Javi Barral, Gandarela, Pablo Barral e Cabaleiro. Tamén xogaron: Roque, Hugo Caridad, Hugo Fernández, Javi Barros e Álex Martínez.

A próxima fin de semana toca de novo partido no Monte, esta vez ante o ED Val Miñor Nigrán.

Os resultados até a data do San Tirso SD Infantil son os seguintes:

CD Conxo Santiago 5 - San Tirso SD Infantil 1 (Gandarela)
San Tirso SD Infantil 2 (Álex Martínez e Gandarela) - RC Celta 3
UD Santa Mariña 2 - San Tirso SD Infantil 4 (Gandarela -2- e Yael -2-)
San Tirso SD Infantil 2 (Gandarela e Yael) - CD Lugo 4
Deportivo 5 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 3 (Hugo Ferreiro, Álex Martínez e Lucas) - CD Areosa 2
Victoria CF 4 - San Tirso SD Infantil 1 (un futbolista rival en propia meta)
San Tirso SD Infantil 6 (Hugo Ferreiros -2-, Manu Alcázar, Mateo Varela, Gandarela e Hugo Caridad) - EF Portero 2000 3