O San Tirso SD Infantil dá un paso adiante en Vilagarcía
O San Tirso SD Infantil deu un paso á fronte na súa visita ao Arosa SC (0-1), en partido correspondente á 12ª xornada na División de Honra.
O conxunto de Samuel Montoto superou a un rival directo na zona media cun gol de Pablo Barral aos 66 minutos nun duelo no que exhibiu a súa solidez defensiva.
Con este resultado, os 'verdes' escalan á 8ª posición da táboa con 16 puntos.
San Tirso SD Infantil: Roque López, Sergio Infante, Antón Vilariño, Manu Alcázar, Hugo Caridad, Hugo Ferreiros, Javi Barral, David Ramos, Javi Barros, Gandarela e Pablo Barral. Tamén xogaron: Brais Taín, Mateo Varela, Mario González, Álex Martínez e Cabaleiro.
O San Tirso SD Infantil porá o punto e final ao 2023 a próxima semana no Monte ante o Bertamiráns FC.
Os resultados até a data do San Tirso SD Infantil son os seguintes:
CD Conxo Santiago 5 - San Tirso SD Infantil 1 (Gandarela) San Tirso SD Infantil 2 (Álex Martínez e Gandarela) - RC Celta 3 UD Santa Mariña 2 - San Tirso SD Infantil 4 (Gandarela -2- e Yael -2-) San Tirso SD Infantil 2 (Gandarela e Yael) - CD Lugo 4 Deportivo 5 - San Tirso SD Infantil 0 San Tirso SD Infantil 3 (Hugo Ferreiro, Álex Martínez e Lucas) - CD Areosa 2 Victoria CF 4 - San Tirso SD Infantil 1 (un futbolista rival en propia meta) San Tirso SD Infantil 6 (Hugo Ferreiros -2-, Manu Alcázar, Mateo Varela, Gandarela e Hugo Caridad) - EF Portero 2000 3 San Tirso SD Infantil 0 - ED Val Miñor Nigrán 2 Pabellón Ourense CF 2 - San Tirso SD Infantil 2 (Mario González e Antón Vilariño) San Tirso SD Infantil 2 (Gandarela e Pablo Barral) - AJ Lérez 1 Arosa SC 0 - San Tirso SD Infantil 1 (Pablo Barral)