RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A arrinca a liga en División de Honra con triunfo en Gijón ante o Veriña CF

O Xuvenil A arrincou a liga na División de Honra cun triunfo (1-2) en Gijón ante o Veriña CF.

O partido púxose pronto de cara cun tanto de Carreira aos 24 minutos. Os asturianos lograron empatar pouco despois pero Hugo Villaverde volveu pór por diante aos branquiazuis aos 44 minutos, pouco antes do descanso.

Na segunda metade o marcador xa non se movería, co que os 3 puntos veñen para A Coruña.

Xuvenil A: Román, Pablo García, Hugo Torres, Vilela, Amin, Carreira, Mardones, Zoe, Domínguez, Hugo Villaverde e Álex Delgado. Tamén xogaron: Dani Estévez, Ayman, Álvaro, Noe e Guerrero.

O vindeiro sábado 9 de setembro ás 17:00, o conxunto de Manuel Pablo mídese en Abegondo á SD Compostela.