O Xuvenil B cae na súa visita ao ED Xuventude de Oroso nun trepidante partido
O Xuvenil B caeu (3-2) na súa visita ao ED Xuventude de Oroso en partido correspondente á 2ª xornada na Liga Nacional.
O choque foi de alternativas no marcador e ben puido caer para calquera dos dous bandos. Mesfin e Rubén foron os autores dos goles branquiazuis.
Con este resultado, o Xuvenil B suma 1 punto de 6 posibles neste inicio de competición.
Xuvenil B: Aitor, Álvaro Otero, Pablo Parada, Jacobo, Carlos, Dani Estévez, Juan Barros, Samuel, Mesfin, Manu Ferreiro e Héctor. Tamén xogaron: Domínguez, Zoe, Rubén, Noe e Javi Fernández.
A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao Alondras CF.
Os resultados até a data do Xuvenil B son os seguintes:
Xuvenil B 0 - CVC Valladares 0 ED Xuventude de Oroso 3 - Xuvenil B 2 (Mesfin e Rubén)