RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Os fabrilistas Martin, Stopira e Dinis, citados polas súas Seleccións Nacionais

O Real Club Deportivo recibió as convocatorias internacionais dos xogadores do Fabril Martin (por Liechtenstein), Stopira (por Cabo Verde) e Dinís (pola Sub-21 de Portugal) para compromisos amigables o próximo 9 de febreiro.

Así, Martin disputará coa Selección Absoluta de Liechtenstein un partido amigable ante San Mariño o próximo 9 de febreiro de 2011. Martin, que xa pode debutar co Fabril ao ter a documentación en regra, suma ata a data 30 partidos na Selección do seu país.
 
Stopira xogará en Lisboa tamén o 9 de febreiro un amigable coa súa Selección, Cabo Verde, ante Burkina Faso. Tamén en Portugal, pero esta vez na localidade de Cartaxo, a Selección lusa Sub-21, con Dinís, mídese a Suecia nun choque de preparación.
 
Ademais, son internacionais no persoal do filial Felipe Ramos (Selección Española Sub-19), Rochela (Selección Española Sub-17 e Sub-19), Insua (Selección Española Sub-19) e Chirri (Selección Española Sub-19).