O Fabril, cun once en cada tempo, saldou cun triunfo o seu amigable en Pol ante o CD Lugo
O Fabril saldou cun triunfo (1-2) un amigable este mediodía no campo municipal de Pol ante o CD Lugo de Primera Federación.
O filial branquiazul colle desta maneira rodaxe de cara ao regreso á competición, prevista para o domingo 12 de xaneiro ás 17:00 no Estadio Municipal Adolfo Suárez ante o Real Ávila CF, en partido correspondente á 18ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.
Fabril: Hugo Ríos (Alberto, min. 63), Mario (Mardones, min. 46), Álex Pereira (Marotías, min. 46), Damián Canedo (David, min. 46), Íker Vidal (Hugo Torres, min. 46), Carreira (Garrido, min. 32), Lucas (Fabi, min. 46), Alfaro (Carreira, min. 63), Guerrero (Dipanda, min. 46), Hugo Villaverde (Kevin, min. 46) e Bil (Darío Germil, min. 46).
Adiantouse pronto o CD Lugo, ao cuarto de hora, pero empatou Bil aos 25 minutos. Ao descanso chegouse sen variación no marcador.
A segunda parte comezou cun carrusel de cambios no Fabril, como é lóxico neste tipo de partidos.
Dipanda anotou o segundo tanto para os fabrilistas no ecuador da segunda metade, tanto que sería xa definitivo.
No Fabril xa non estivo Dylan Iglesias, unha vez confirmada a súa saída do equipo esta mesma semana.