RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Fabril conclúe 2024 cun sufrido empate na súa visita á RS Gimnástica de Torrelavega

O Fabril concluíu 2024 e a primeira volta da liga en Segunda Federación esta mañá coa súa visita (1-1) á RS Gimnástica de Torrelavega.

Con este resultado, o filial suma 26 puntos, situado na zona media-alta da clasificación.

O desta mañá foi o terceiro partido para os fabrilistas en apenas 7 días, co CD Laredo o sábado 14 en Abegondo e a visita ao Bergantiños CF o mércores 18 en partido que foi suspendido a finais de novembro polo temporal.

O filial afrontou esta cita coas baixas por lesión Noé, Quique Teijo e Samu, este a consecuencia dunha contusión nun pé sufrida nas Eiroas nun choque fortuíto co ex fabrilista Fito.

Pola súa banda, a RS Gimnástica chegaba ao choque con máis abafos clasificatorios: 16º con 13 puntos.

A primeira ocasión do partido foi para Carlos Tobar, cuxo remate márchase preto do poste da meta defendida por Alberto, quizais o mellor xogador do partido.

Manuel Pablo tivo o seu primeiro contratempo aos 17 minutos. Luisao, lesionado, viuse obrigado a deixar o seu posto a Bil.

Precisamente o camerunés adiantou ao Fabril aos 21 minutos ao recoller un balón solto na área asturiana.

Este tanto espoleó aos locais, que se lanzaron a por o empate e a punto estiveron de conseguilo no minuto 40 nunha cabezada de Gándara que salva Alberto.

Coa vantaxe mínima para o filial chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios, o partido foi da RS Gimnástica.

Santamaría, que habia relevado a Tobar no descanso, logra o empate no minuto 59. Catro minutos antes xa rozara o gol pero o seu remate foise demasiado alto.

A Gimnástica empuxou a por o segundo gol pero de novo apareceu o capitán Alberto para evitalo.

Así, o gardameta deportivista atallou no minuto 70 un tiro raso de Unai, do mesmo xeito que despois outro remate de Iago Parga.

Tamén Nico Toca atopouse con Alberto xa na recta final.

Sufriu o Fabril até o asubío final pero sumou polo menos un punto para manter a dinámica positiva.

Finalizado o encontro, o filial comeza as súas vacacións de Nadal. A próxima cita ligueira será o 11 ou 12 de xaneiro ante o Real Ávila CF no Municipal Adolfo Suárez.

RS Gimnástica de Torrelavega: Iván Crespo, Puras, M. Goñi, M. Gándara, Unai (Samu Pedraja, min. 88), Tobar (Santamaría, min. 46), Saúl (Nico Toca, min. 81), Diego Campo, Chus Ruiz, Guitian (Diego Díaz, min. 46) e Iago Parga

Fabril: Alberto, Mardones, Aarón, Marotías, Carreira, Alfaro (Darío Germil, min. 86), Kevin, Luisao (Bil, min. 17 e Hugo Villaverde, min. 86), Íker Vidal (Damián, min. 66), Fabi e Guerrero (Garrido, min. 66) 

Árbitro: Fermín Rodríguez Pérez, do comité navarro. Amoestou a Iago Parga (min. 13 e min. 90), Unai (min. 31), Gándara (min. 38), Guitián (min. 41), Saúl (min. 51), Diego Díaz (min. 53), Aarón (min. 72), Bil (min. 86), Chus Ruiz (min. 89) e Samu Pedraja (min. 90), 

Goles: 0-1 Bil (min. 21); 1-1 Santamaría (min. 59)

Incidencias: partido correspondente á 17ª xornada, última da primeira volta en Segunda Federación