RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Os fatídicos penaltis privan ao Fabril FC Benxamín do premio da final do Mini Teresa Herrera

Os fatídicos penaltis ante o Ural Español CF (6-5) apartaron ao Fabril FC Benxamín da final do Mini Teresa Herrera.

Ao tempo do tempo regulamentario, este encontro de semifinais acabou con igualada (3-3). Mateo Songo'o, Alberto Novo e Leo Lorenzo foron os autores dos goles fabrilistas.

Fabril FC Benxamín: Samuel Rodríguez, Breogán Díaz, Andrés Valencia, Yago Prieto, Alberto Novo, Leo Lorenzo, Mateo Songo'o e Mateo Cardelle. Tamén xogaron: Antar Teijeiro, Álex Casado e Diego Castelo.

A pesar da derrota, o equipo de Alberto Bonigno culminou un gran torneo, cun balance de 3 vitorias e 1 empate, con 44 goles a favor e tan só 3 en contra.

O Fabril FC Benxamín porá o punto e final esta fin de semana á temporada 2022-23 cun último torneo amigable, a Miranda Cup, en Miranda do Corvo (Portugal).

Os resultados do Fabril FC Benxamín no Trofeo Mini Teresa Herrera foron os seguintes:

Eliminatoria Previa
Fabril FC Benxamín 12 (Alberto Novo -3-, Mateo Cardelle -2-, Leo Lorenzo -2-, Yago Prieto -2-, Breogán Díaz, Mateo Songo'o e Diego Castelo) - Relámpago SD 0

Oitavos de final
Fabril FC Benxamín 15 (Mateo Cardelle -3-, Alberto Novo -2-, Breogán Díaz -2-, Leo Lorenzo -2-, Diego Castelo -2-, Andrés Valencia, Álex Casado, Yago Prieto e Mateo Songo'o) - Silva SD 0

Cuartos de final
Fabril FC Benxamín 14 (Leo Lorenzo -5-, Mateo Songo'o -3-, Diego Castelo -2-, Mateo Cardelle -2- e Alberto Novo -2-) - CFD Orzán 0

Semifinal
Ural Español CF 3 - Fabril FC Benxamín 3 (Mateo Songo'o, Alberto Novo e Leo Lorenzo). A penaltis: 6-5