Os Nosos, que ven no camiño que queriamos, regresaron esta mañá aos adestramentos previos ao CD Lugo
Despois de dous días de descanso após o triunfo do pasado domingo sobre a choiva en Tajonar e dunha longa viaxe de regreso durante toda a noite por estrada, o Dépor volveu a Abegondo esta mañá.
Pablo Vázquez, quen deu un suspenso ao seu equipo na primeira volta, lembrou na sala de prensa que "levamos 6 xornadas da segunda volta, tampouco vaiamos xa a pornos o sobresaliente antes de tempo".
O defensor subliña, iso si, que "estamos no camiño que queriamos, iso é evidente. Cando tocamos fondo nos foi ben a mentalidade esta de aos poucos e non imos desviarnos, non vaia a ser que a leemos".
Imanol Idiakez dispuxo nesta primeira sesión da semana, após unha activación con rondos, un xogo de posición e fútbol reducido, de alta intensidade, para concluír.
Están con traballo personalizado Pablo Martínez, Balenziaga e Salva Sevilla.
Pola súa banda, Rubén López foi o representante de #ANOSACANTEIRA.
Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo a partir das 11:00 na Cidade Deportiva para seguir preparando o partido deste domingo 3 de marzo ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV) fronte o CD Lugo.