RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz aumenta o ritmo baixo a persistente choiva para un cadro "con ganas, con ilusión"

A persistente choiva foi a protagonista da segunda sesión de traballo de Os Nosos neste novo ano en Abegondo.

Despois do regreso dos futbolistas á actividade onte pola tarde, Óscar Gilsanz aumentou esta mañá o ritmo cunha activación con roda de pases e unha serie de tarefas en espazo reducido, de alta intensidade, entre os campos 2 e 3. Todo iso por espazo de case 2 horas no céspede.
 
Omenuke Mfulu asegurou hoxe mesmo na sala de prensa que o cadro está "con ganas, con ilusión" e persoalmente mostrouse "contento de volver ver os compañeiros, a corpo técnico, a toda a xente que traballa aquí".

O mediocentro branquiazul confesa gozar " dos días de vacacións" e apunta que neste mes de xaneiro o Dépor "ten moitos partidos que afrontar. Empezamos a traballar onte para estar preparados e esperamos bos resultados".

Dani Barcia alterna tarefas co grupo e cos readaptadores; mentres que segue con adestramento personalizado Pablo Vázquez.

Pola súa banda, o fabrilista Aarón foi hoxe o representante de #ANOSACANTEIRA.

Mañá sábado, o Dépor adestrarase a partir das 11:00 na Cidade Deportiva nunha fin de semana sen partido posto que a primeira cita en LaLiga Hypermotion para Os Nosos será o sábado 11 de xaneiro ás 18:30 na Rosaleda ante o Málaga CF (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2).