Óscar Gilsanz manifestou na sala de prensa da UD Almería Stadium que "nos imos con mal sabor de boca pero coa convicción de que o equipo fixo o plan de partido sobre todo na primeira parte, competiu. E mirar xa para o seguinte partido".
O técnico deportivista lembra que os saques de esquina que lanzou a UD Almería "só rematáronnos un, que foi gol. O traballo do equipo foi bo excepto nesa situación. Acertar en todas non é fácil".
Pon en valor que o Dépor "na primeira parte estivo moi serio defensivamente e fíxonos dano ese gol (o segundo local) nese centro lateral, con esa superioridade que xeraron dentro da área; porque na primeira parte non merecemos saír con ese 2-1".
Insiste en que Os Nosos "teñen unha forza mental importante, repóñense destas situacións, compiten até o final. Os xogadores teñen a rabia de non poder sumar pero a satisfacción de competir".
Tiña claro o Dépor que "a segunda parte ía ser diferente. A UD Almería ía saír reforzado por ese gol e sobre todo polo marcador; e que o plan de partido complicábase un pouco máis pero tiñamos que ter calma para manternos no partido e que chegase o noso momento. Non foi así".
Asegurou ademais que "todos os xogadores deste cadro, como vimos hoxe, poden competir, sacar os partidos adiante".
Nesta liña, pon en valor o traballo dos seus xogadores en Almería "sobre todo porque había xente que levaba menos minutos e é de valorar ese esforzo, ese traballo".
Finalmente, preguntado por Yeremay explica que ten "unhas molestias nun xeonllo" e por Escudero que "se lle subiron os xemelgos".