RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Pablo Vázquez: "A isto pódeselle dar a volta cun pelín máis de acerto"

Pablo Vázquez compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo como previa do seu encontro fronte ao Levante UD. O central, que sente "valorado e con confianza", non asina sacar 4 de 6 puntos esta semana porque "temos a capacidade para sacar os 6"; e asegura que o equipo valenciano "desprega moi bo fútbol".

O defensor mostrouse realista sobre o encontro fronte ao Eldense e confesa que "as sensacións non son boas". A pesar de seguir rematando a portería e causando perigo, "á mínima encaixas", completa o xogador. Con todo, engade que "os síntomas do equipo son bos"; "A isto pódeselle dar a volta cun pelín máis de acerto", conclúe.

No referente ao estado do equipo e á melloría no balón parado, o central asegura que "como todo na vida, cando che focalizas en algo, mellora". O equipo era consciente de que tiña un problema nese aspecto e "puxo o máximo interese".

"O fútbol mídese por resultados, pero nós necesitamos quedarnos con algo" continúa o deportivista, "somos o equipo con máis remates, máis posesión en campo contrario, o que menos remates recibe e o que máis pases en zona de finalización dá da categoría e temos a obrigación de quedarnos con iso".

Doutra banda, Pablo Vázquez ve con confianza aos dianteiros: "temos arriba calidade e experiencia dabondo, van estar á altura". Tamén asume parte de responsabilidade no apartado ofensivo: "quizais me falta esa intuición do ano pasado".

Finalmente o defensor aproveita para mostrar o seu asombro sobre o desempeño de Dani Barcia: "Estou asombrado. Parece que leva 200 partidos. Pronto chegará a Primera División".