RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor prepárase para un partido "de ti a ti" no Ciutat de València

O Dépor prepárase desde esta mañá en Abegondo para un partido "de ti a ti", tal e como vaticinou en rolda de prensa Pablo Vázquez, no Ciutat de València este xoves 24 de outubro ás 19:00 (LaLiga TV Hypermotion) ante o Levante UD.

O defensor branquiazul aprecia semellanzas co partido ante o Elche CF no Martínez Valero resolto o pasado 13 de outubro con empate (0-0) e subliña os poucos días de marxe que ten o equipo entre o partido do CD Eldense en ABANCA-RIAZOR e o do Levante UD: "Son semanas un pouco estrañas porque tes pouco tempo para recuperar e para pensar no seguinte partido, pero sabendo que quizais é un dos sitios máis difíciles da categoría para gañar".

Juan Gauto comezou a súa incorporación aos adestramentos e hoxe realizou as primeiras tarefas co grupo antes de continuar co seu plan de readaptación física supervisado polo readaptador Nando Rodríguez.

Están con adestramento personalizado Jaime, Jose Ángel e Mfulu.

Pablo García, Álex Alfaro e Kike Fernández foron os representantes de ANOSACANTEIRA nunha xornada con ensaio xeral do plan de partido.

Mañá mércores Os Nosos adestraranse ás 11:00 en Abegondo. Ao concluír, Imanol Idiakez facilitará a lista de convocados que pola tarde viaxarán a Valencia nun voo que despegará do Aeroporto da Coruña ás 17:00 horas.