RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Parte médico de Omenuke Mfulu e Jose Ángel Jurado

Omenuke Mfulu foi sometido a probas médicas no Hospital Quirónsalud A Coruña para ditaminar o alcance exacto das molestias sufridas na segunda metade do partido ante o CD Eldense en ABANCA-RIAZOR.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron unha lesión muscular no bíceps femoral da súa perna dereita.

Mfulu estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia antes de iniciar a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Pola súa banda, José Ángel Jurado estará uns días con adestramento personalizado a consecuencia dun cadro de pubalxia.

En canto a súa evolución permítao, o futbolista andaluz comezará a súa progresiva readaptación aos adestramentos co grupo.