RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

As entradas de público para o partido ante o Real Racing Club, até o venres na OAD e en calquera momento en internet

As entradas de público para o partido deste domingo 27 de outubro ás 16:15 fronte ao Real Racing Club en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 12ª xornada en LaLiga Hypermotion, pódense adquirir en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es e unicamente na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) até o venres 25 de outubro co seguinte horario: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Xa que o encontro foi declarado de alto risco pola Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte non se venderán entradas o mesmo día do partido nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor, que abrirán ás 14:15 só para atender incidencias de abonados e abonadas.

Os prezos oscilan entre os 150 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 40 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

En Marathón Inferior as entradas son nominativas. Por conseguinte, aqueles abonados que queiran comprar unha entrada de público para a dita bancada teñen que facelo de maneira presencial na OAD presentando o DNI da persoa abonada. 

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.