RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Intensa semana con visita ao Levante UD e partido en ABANCA-RIAZOR co Real Racing Club e "insistir no que facemos"

O Dépor, hoxe luns con xornada de descanso, inicia mañá martes 22 de outubro unha dura semana de competición con partido este xoves 24 ás 19:00 no Ciutat de València ante o Levante UD (LaLiga TV Hypermotion) e o domingo 27 ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR ante o Real Racing Club.

Na zona mixta o pasado sábado, Mario Soriano asegura que "hai que insistir no que facemos".

O atacante madrileño está convencido que "van chegar os goles porque o equipo xera moito, fai moitísimo dano polas dúas bandas, polo medio. Non queda outra que seguir, que reforzar esa finalización".

Da mesma opinión é Mohamed Bouldini: "Temos que manter a tranquilidade e traballar", manifestou o dianteiro ante os medios de comunicación.

Os resultados da última xornada, co empate (1-1) ante o CD Eldense, deixou a Os Nosos en 18ª posición de LaLiga Hypermotion con 10 puntos.

Ademais dos dous partidos, Imanol Idiakez dispuxo 4 sesións de traballo; unha delas, a do sábado 26, en ABANCA-RIAZOR a porta pechada.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 22 de outubro
11:00 h., Abegondo

Mércores 23 de outubro
11:00 h., Abegondo

Xoves 24 de outubro
19:00: Levante UD - Deportivo, no Ciutat de València

Venres 25 de outubro
12:00 h., Abegondo

Sábado 26 de outubro
16:00 h., ABANCA-RIAZOR

Domingo 27 de outubro
16:15: Deportivo - Real Racing Club