RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Cristian Herrera: "Para min e os meus compañeiros é unha emoción moi grande ter ABANCA-RIAZOR encho cada fin de semana"

Cristian Herrera manifestou na sala de prensa de Abegondo que "para min e os meus compañeiros é unha emoción moi grande ter ABANCA-RIAZOR cheo cada fin de semana. Para este (en referencia ao partido ante o Sporting de Gijón deste domingo 24 ás 16:15) quedan moi pouquiñas entradas. Nós estamos ilusionados, traballando día a día para poder gañar en ABANCA-RIAZOR, diante de #ANOSAFORZA e dedicarlles esta vitoria a eles, que sempre están aí. Cada partido non fallan e é un privilexio contar con eles".

Un triunfo ante os sportinguistas, "afastaríanos desa zona de perigo" e desexou que o domingo "sexa unha festa en ABANCA-RIAZOR, diante de #ANOSAFORZA; e que se vexan as ganas que temos de gañar, de facer as cousas ben e de adquirir esa regularidade que nos está custando un pouco".

Manifestou precisamente que "estamos a traballar para atopar esa regularidade, que é o que queremos, para afastarnos deses postos de descenso canto antes; e para que o equipo senta ben, cómodo, e empecemos a gañar e sumar puntos". 

O atacante canario opina que cada futbolista do cadro "debe pór o seu traballo ao servizo do equipo. O míster é o que toma as decisións e vai xogar quen o decida pero o que nos caracteriza como profesionais é que o que xoga 20 ou o que xogue 90 porse ao servizo do equipo para sacar os puntos que é o máis importante".

Preguntado por Helton Leite, viu que "foi de menos a máis. Está agora mesmo a un grandísimo nivel, está a facer moi ben o seu traballo. Está a salvar moitas ocasións de gol, e é froito de que nós estamos seguros con el en portería e estamos contentos con el".

Do Sporting de Gijón, cre que "ten bo equipo. Vese que traballan ben ofensiva e defensivamente pero estamos máis centrados no que temos que mellorar nós para afrontar o partido e que os 3 puntos vólvanse a quedar en ABANCA-RIAZOR".

Finalmente a nivel persoal, Cristian Herrera explica que "parto da dereita para meterme cara adentro e crear superioridade, coller a pelota neses espazos onde non aparece ninguén e levala arriba. O outro día (en Almería) axudei ao equipo bastante e teño que seguir nesa liña".