RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Primeira sesión dunha dura semana con "máis traballo para todos pero ilusionados coa Copa"

O Dépor arrincou unha semana de Copa del Rey (mañá mércores ás 20:00 no Couto ante o Ourense CF) e liga (o sábado 7 ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR fronte ao Real Zaragoza) "sabendo que ao futbolista sempre lle gusta xogar", tal e como subliñou esta mañá Óscar Gilsanz na sala de prensa de Abegondo.

O técnico deportivista lembra que "a todos os que nos dedicamos a isto os partidos estimúlannos. Máis traballo para todos pero ilusionados coa Copa", concluíu.

Após o día de descanso de onte luns, o corpo técnico dispuxo esta mañá dunha activación con rondos no campo 2; e a continuación en dous grupos un xogo de posición e unha tarefa de evolucións ofensivas no campo 3.

A sesión concluíu para o Dépor cun partido táctico a tres cuartas partes de campo.

Óscar Gilsanz explica que seguen lesionados "os que tiñamos a fin de semana pasada: Bouldini, Dani Barcia e Jose Ángel, que está a se recuperar e sancionado na Copa pola expulsión do ano pasado. Os demais están todos dispoñibles".

Kevin Sánchez, Pablo García, Álex Alfaro e Aarón foron os representantes de #ANOSACANTEIRA nunha mañá fría e chuviosa en Abegondo.

Mañá mércores, día do partido en Ourense, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 na Cidade Deportiva.