Segundo partido como titular de Dunia Dahmouni coa selección de Marrocos sub-20 ante Costa de Marfil
Dunia Dahmouni xogou de novo de titular con Marrocos sub-20 no segundo amigable disputado hoxe martes 3 de decembro no Bingerville Sports Complexe en Costa do Marfil e que finalizou con empate (1-1).
No primeiro dos encontros venceron por 3-4 as marroquís, coa dianteira orzanista no once inicial. Todos os goles de Marrocos chegaron nunha gran segunda metade.
Os resultados de Dunia Dahmouni foron os seguintes:
Venres 29 de novembro COSTA DO MARFIL 3 - MARROCOS 4
Martes 3 de decembro COSTA DO MARFIL 1 - MARROCOS 1
A dianteira orzanista, que regresa á Coruña ao longo de hoxe martes 3 de decembro, alterna esta temporada o Orzán SD Sub-21 de Primera Autonómica co Dépor ABANCA B de Tercera Federación.
No que vai de liga participou en 6 partidos, 2 deles de inicio, no filial e anotou 3 goles. No conxunto orzanista xogou 4 partidos, todos eles de titular, e marcou 3 tantos.