Protagonismo do Dépor ABANCA no amigable da selección española sub-23 ante Francia disputado esta tarde na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).
Olaya Enrique saíu no once inicial. A centrocampista branquiazul foi relevada no minuto 65 por Clara Pinedo.
Ainhoa Marín relevou nese minuto 65 a Asun Martínez. A atacante deportivista anotou o gol do triunfo (3-2) español no minuto 94. Pelexou un balón a pesar de que estaba en vantaxe a porteira francesa e, após facerse coa pelota e driblar a unha defensa con frialdade, bate a meta gala.
Ao terminar, as dúas futbolistas regresaron á Coruña para incorporarse á disciplina do Deportivo ABANCA.
Ainhoa e Olaya tamén participaron noutro amigable o pasado xoves 28 de novembro ante Alemaña.
O choque, que se xogou no Uhlsport Park de Unterhaching, caeu ao lado alemán por 3-0.
Ainhoa Marín foi titular e foi relevada após o descanso por Paula Comendador. Pola súa banda, Olaya arrincou o encontro desde o banco e saltou ao terreo de xogo no minuto 60 en substitución de Ariana Arias.
Os resultados de España sub-23 foron os seguintes: