RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Traballo táctico e partido para Os Nosos para "seguir para adiante porque é o que máis queremos, seguir avanzando na táboa"

Un exercicio táctico e un partido no campo 3 foron as tarefas principais esta mañá para o Deportivo en Abegondo, que continúa coa súa preparación do partido deste domingo 24 de novembro ás 16:15 ante o Sporting de Gijón (LaLiga TV Hypermotion, Gol Play e #Vamos)

Juan Gauto, en rolda de prensa, asegurou esta mesma mañá que o cadro deportivista está "ben. Estamos todos xuntos".

O atacante arxentino, por primeira vez titular con motivo do partido do pasado domingo en Almería, subliñou ante os medios de comunicación que a intención do grupo é "seguir para adiante porque é o que máis queremos, seguir avanzando na táboa".

Ximo Navarro completou con normalidade toda a sesión mentres que Lucas, Mella e Jose Ángel realizaron unha parte co grupo e unha segunda cos readaptadores.

Están con traballo personalizado Yeremay, Dani Barcia e Jaime.

Gauto desexa que todos eles "estean de volta o máis rápido posible" e asegura que "os compañeiros que non nos está tocando xogar moito adestramos ao 100% para que o día que nos toque tratar de estar preparados e axudar ao equipo".

Aarón, Samu e Alfaro foron os representantes hoxe de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres o Dépor adestrarase de novo a partir das 11:00 na Cidade Deportiva.