RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Parte médico de Kevin Sánchez

Kevin Sánchez foi sometido a probas médicas no Hospital Quirónsalud A Coruña que confirmaron unha lesión muscular no recto femoral da súa perna esquerda.

O internacional fabrilista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En canto a súa evolución permítao, comezará a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso co grupo.

Kevin Sánchez realizou boa parte da pretemporada ás ordes de Imanol Idiakez pero nas últimas semanas xa se adestrou e xogou varios amigables co Fabril.