RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Renuncia o Consello de Administración do RC Deportivo e non seguirá o seu adestrador

O presidente e todos os membros do Consello de Administración do RC Deportivo decidiron renunciar na tarde de hoxe. A decisión foi tomada para favorecer o proceso de reestruturación do Club de cara á nova temporada. Na súa última reunión, o Consello decidiu convocar unha Xunta de Accionistas para o día 17 de xullo na que se nomeará un novo Consello. Á fronte do Club estará David Villasuso Castaño, como apoderado xeral.

A reestruturación incluirá a área deportiva. O actual adestrador, Rubén de la Barrera, non dirixirá ao RC Deportivo a próxima temporada. O RC Deportivo quere desmentir que vaia a incorporar a ningún dos teóricos nomes que saíron repetidamente nos medios de comunicación como candidatos a dirixir a área deportiva. Nos próximos días tomarase a decisión definitiva.

O RC Deportivo agradece a dedicación ao Club tanto do Consello como do adestrador Rubén de la Barrera.