Resultados dos partidos oficiais, con cara para o Orzán SD Cadete Femenino e cruz para o Orzán SD Infantil A Femenino
Dous equipos de #ANOSACANTEIRA xogáronse esta fin de semana o pase á final da Liga Galega da súa categoría.
Hoxe domingo 9 de xuño o Orzán SD Infantil A Femenino caeu (4-0) co UD Mos na semifinal da categoría. As viguesas apearon en cuartos de final ao Victoria FC (3-1) e no grupo 2º da Liga Galega foron campioas con 81 puntos.
Onte, o Orzán SD Cadete Femenino venceu ao CD Valladares (3-1) nas semifinais cadetes. Desta forma, as orzanistas disputaranse o cetro galego co UD Mos, que eliminou ao (2-1) ao Victoria CF na outra semifinal.
O resto de equipos concluíron xa as súas competicións oficiais.
Os resultados dos partidos de competición oficial foron os seguintes:
Categoría feminina Semifinal da Liga Galega cadete: ORZÁN SD CADETE FEMENINO 3 (Alexia Freire, Lola Freire e Valeria Montero) - CD VALLADARES 1
Semifinal da Liga Galega infantil: UD MOS 4 - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 0