RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo, cos dous filiais en Abegondo

Fin de semana con xornada reducida en #ANOSACANTEIRA, posto que non teñen competición o Orzán SD Xuvenil Femenino, Orzán SD B sub-16 Femenino, Orzán SD Cadete Femenino, Orzán SD Cadete Femenino, Orzán SD Infantil A Femenino, Orzán SD Infantil B Femenino, Xuvenil B, Cadete, San Tirso SD Cadete, Infantil e San Tirso SD Infantil.

Mañá domingo xogan na Cidade Deportiva os dous filiais.

Despois de dous empates consecutivos ante Marino de Luanco e Arandina CF, o Fabril recibe ao CD Covadonga ás 17:00 (Youtube RC Deportivo e TVG-2).

Óscar Gilsanz poderá contar con Martín Ochoa, que hoxe venres xa se adestrou co filial despois de estar toda a semana con Imanol Idiakez.

O Club mantén activado o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Antes, ás 11:30, o Dépor ABANCA B mídese ao Lóstrego CF, un equipo da zona alta de Tercera Federación FutFem.

Óscar Orro conta con Lucía Rivas, a pesar de que xogou uns minutos co primeiro equipo ante o DUX Logroño este mediodía.

Completan a convocatoria: Nuria Gómez, María Calvo, Celia Sousa, Uxía López, Lucía Mariño, Paula Novo, Sara Cercido, Carmen Carballada, Laura Testa, Maca González, Paula Monteagudo, Laura Otero, Michi Apóstol e Noela; ademais de Yaiza García, Noelia Mayo e Laura Santos, xuvenís do Orzán SD.

Hoxe sábado, ademais das vitorias do Fabril FC Alevín na Torre (9-1) e do Fabril FC Benxamín en Betanzos (0-8), o Xuvenil A dobregou ao Coruxo FC en Abegondo (1-0) antes de encarar os cuartos de final da Copa del Rey ante o RCD Mallorca o 14 de febreiro ás 19:00 en Son Babiloni.

A xornada a completa a participación do Alevín A (na foto da noticia) no Memorial Luis Quijada na área Deportiva Puente Castro de León. Mañá domingo disputará os cuartos de final.

Finalmente, os cadetes branquiazuis Rodrigo Leiva, Guille Pastoriza, Íker Fernández, Nico Ruiz; ademais de Mauro Valeiro e Gael, do San Tirso SD Cadete saíron de inicio no segundo choque hoxe da selección galega sub-16 ante Asturias na Fase de Plata de Campionato de España por autonomías que se disputa en Cádiz. Houbo igualada (1-1) con gol de Mauro Valeiro e sobresaliente actuación do porteiro deportivista, salvador do seu equipo. Miguel de Labra saíu ao campo no transcurso da segunda metade.

Mañá domingo agarda Melilla no último partido desta fase.

Onte venres, Íker Fernández, Nico Ruiz e Miguel de Labra foron titulares ante Aragón (2-2) no primeiro partido. Tamén xogaron ao longo do partido os deportivistas Rodrigo Leiva e Guille Pastoriza; ademais de Mauro e Gael, do San Tirso SD Cadete.

En canto á selección galega sub-14, ante Asturias actuaron hoxe de inicio os branquiazuis Eder Vilas, Nico Naveiras e Raúl Lema; ademais de Antón Vilariño, do San Tirso SD Infantil. O triufo foi galego (3-1) cun gol tamén do deportivista Sergio Cortizo, que saltou no transcurso do choque ao campo, do mesmo xeito que Roi Castro e de Hugo Ferreiros, do San Tirso SD Infantil.

Mañá domingo os galegos mídense a Cantabria no choque que pecha esta fase.

Onte venres, Lucas López, Eder Vilas e Sergio Cortizo, do Infantil branquiazul; e Antón Vilariño e Hugo Ferreiros, do San Tirso SD Infantil saíron de inicio coa selección galega sub-14 no seu debut na Fase de Plata. Caeron os galegos (2-1) con tanto marcado polo deportivista Sergio Cortizo. Xogaron ao longo do encontro Raúl Lema e Nico Naveiras.

Ademais, a gardameta orzanista Antía Veiga repetirá adestramentos coa selección española sub-16 esta vez en Los Ángeles de San Rafael (Segovia) do luns 12 ao mércores 14 de febreiro.

Os triunfos o pasado mércores en partidos adiantados ao fin de semana do Alevín A sobre o Imperátor OAR (15-0) e do Benxamín A sobre a Compañía de María (0-14) abriron a semana.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 19ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - LÓSTREGO CF, mañá domingo 11 de febreiro ás 11:30 en Abegondo

Segunda Federación
22ª xornada: FABRIL - CD COVADONGA, mañá domingo 11 de febreiro ás 17:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 20ª xornada: XUVENIL A 1 (Manu Ferreiro) - CORUXO FC 0

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 14ª xornada (mércores 7): ALEVÍN A 15 (Álvaro Gómez -3-, Nacho Villanueva -3-, David Gómez -2-, Jorge Fernández -2-, Sergio Fernández -2-, Hugo Luaces, Brais Martínez e Hugo Macedo) - IMPERÁTOR OAR 0
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 14ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 9 (Nico Rodríguez-Ponce -5-, Alejandro Astray, Pablo Sánchez, Hugo Quintela e Miguel Candal) - SILVA SD 1

Memorial Luis Quijada, na área Deportiva Puente Castro de León
Sábado 10 de febreiro
Primeira Fase (campo 1)
ALEVÍN A 2 (Álvaro Gómez e  David Gómez) - SD PONFERRADINA 0
CD PARQUESOL 1 - ALEVÍN A 2 (David Gómez e Nacho Villanueva)
ALEVÍN A 8 (Nacho Villanueva -3-, Álvaro Gómez -3-, Iván Gil e Jorge Fernández) - ATLÉTICO BEMBIBRE 0
CULTURAL LEONESA 1 - ALEVÍN A 3 (Nacho Villanueva, David Gómez e Martín López)
CASA DE ASTURIAS 0 - ALEVÍN A 9 (Martín López -3-, Sergio Fernández -2-, David Gómez -2-, Iván Gil e Hugo Macedo)

Domingo 11 de febreiro
Cuartos de final
ALEVÍN A - RIVAL PENDIENTE DE DETERMINAR

Categoría benxamín
Amigable (martes 6): BENXAMÍN A 2 (Mateo Songo'o e Jorge Víboras) - URAL ESPAÑOL CF (alevín) 6
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 14ª xornada (mércores 7): COMPAÑÍA DE MARÍA 0 - BENXAMÍN A 14 (Alberto Novo -5-, Mateo Songo'o -3-, Adrián Liñares -3- e Diego Castelo -3-)

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 14ª xornada: BETANZOS CF 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Gael Fernández -3-, Nico Castro -2-, Joel Losada -2- e Leo Galván)