RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe venres en ANOSACANTEIRA e calendario de mañá sábado, con duelo de altura para o Dépor ABANCA B en Avilés

Seis equipos de #ANOSACANTEIRA abriron hoxe venres 8 de decembro, día festivo, unha longa fin de semana de partidos.

O San Tirso SD Cadete e o San Tirso SD Infantil visitaron ao CD Conxo Santiago (1-0) e Arosa SC (0-1) respectivamente en partidos da División de Honra das dúas categorías adiantados.

Así mesmo, Alevín A, Benxamín A (na foto da noticia) e Fabril FC Benxamín conclúen mañá sábado a Primera Fase do Torneo Internacional Tucho de la Torre en Marín; e o Fabril FC Alevín clasificouse para a Fase de Ouro da Zaratán Cup 2023 no municipio valisoletano de Zaratán.

Para a fin de semana quedan o resto de partidos.

Mañá sábado 9 o partido estrela é o do Deportivo ABANCA B, 2º clasificado de Tercera Federación FutFem, que visita ao líder, o Real Avilés CF a partir das 16:00 no campo de La Toba de Avilés.

O filial feminino adxudicouse o pasado mércores na localidade coruñesa de Cabana de Bergantiños un torneo benéfico contra o cancro baixo a modalidade de 'tres nun' ao derrotar por 2-0 ao Bergantiños CF e a unha selección da Costa da Morte. Cada partido durou 45 minutos.

A internacional deportivista Elena Vázquez, natural de Carballo, foi a encargada de realizar o saque de honra.

Óscar Orro leva a Avilés ás seguintes futbolistas: Martina Rivas, María Calvo, Andrea Ansede, Celia Sousa, Uxía López, Lucía Mariño, Elena Vázquez, Carmen Carballada, Sara Cercido, Laura Testa, Macarena González, Paula Monteagudo, Noela, Elena López 'Cusi', Lucía Rivas e Laura Otero; ademais de Uxía Rabuñal e Laura Santos, xuvenís do Orzán SD.

Ademais, o Xuvenil A, 3º na táboa con 29 puntos, visita ao Real Oviedo, 2º con 30 empatado a puntos co RC Celta á fronte da categoría. O choque arrincará ás 15:45 no Requexón.

Na Liga Nacional, o Xuvenil B mídese ás 12:15 na Coruña (A Grela 1) a un dos conxuntos do grupo de cabeza, o Atlético Coruña Montañeros CF.

Finalmente o Infantil, tamén na Coruña, cítase co Ural Español CF ás 12:00 no campo 2 de San Pedro de Visma. Os branquiazuis son segundos na División de Honra a 1 punto do RC Celta, que xa xogou o seu partido desta xornada.

Xa o domingo, o choque estrela será o do Fabril en Abegondo (Youtube RC Deportivo) a partir das 19:30 ante o Coruxo FC. 

Ambos os conxuntos chegan ao encontro igualados na zona media da clasificación de Segunda Federación a 17 puntos.

Varios fabrilistas xogaron un papel importante no partido do primeiro equipo de Copa del Rey, caso de Rubén, Mella ou Kevin; con Marc, Jairo, Marotías e Martín Ochoa tamén citados por Imanol Idiakez.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo para o encontro. 

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até esta noite ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Na matinal do domingo, cos partidos de liga dos dous equipos alevíns correspondentes ao subgrupo 1º de Primera A Coruña de fútbol 8, o Orzán SD Xuvenil Femenino visita ao PM Friol B (12:00) na Primera Autonómica; o Orzán SD Cadete Femenino recibe na Torre ao Dumbría CF (12:00), o Orzán SD Infantil A Femenino mídese ao Club Rosalía Mera (10:00) en San Pedro de Visma (campo 2) e o Orzán SD Infantil B Femenino ao Atlético Arteixo (10:00) en Ponte dos Brozos.

Do mesmo xeito que o Fabril, pola tarde (18:00) o Orzán SD B sub-16 Femenino enfróntase ao SCD Milagrosa na Torre en Segunda Autonómica.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Torneo benéfico contra o cancro no campo das Redondas (Cabana de Bergantiños)
Mércores 6 de decembro
DEPORTIVO ABANCA B 2 (Noe Gómez e Iria Otero) - BERGANTIÑOS CF 0
SELECCIÓN DA COSTA DA MORTE 0 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Andrea Ansede e Dunia Dahmouni)

13ª xornada: REAL AVILÉS CF - DEPORTIVO ABANCA B, mañá sábado 9 de decembro ás 16:00 en La Toba - Irmáns Castro (campo 2) de Avilés
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 34 puntos; 2. Dépor ABANCA B, 29 puntos; 3. Lóstrego CF, 28 puntos; 4. Sárdoma CF, 25 puntos...

13ª xornada: PM FRIOL B - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 10 de decembro ás 12:00 na Reigosa (Friol)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF e Orzán SD Xuvenil Femenino, 26 puntos; 3. Lóstrego CF B, 24 puntos; 4. SD O Val, 21 puntos... 14. PM Friol B, 11 puntos...

13ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - SCD MILAGROSA, o domingo 10 de decembro ás 18:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 11. Cultural Maniños (un partido menos) e UD Santiso FC, 12 puntos; 13. Silva SD (un partido menos) e Orzán SD B sub-16 Femenino, 11 puntos; 15. ED Os Miudos (un partido menos), 4 puntos; 16. SCD Milagrosa, 3 puntos

7ª xornada (mércores 6): ORZÁN SD CADETE FEMENINO 10 (Alexia Freire -2-, Lucía González -5-, Sofía Rodríguez, Sofía Milhem e Valentina Millón) - SCD PASTORIZA 1
13ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - DUMBRÍA CF, o domingo 10 de decembro ás 12:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 36 puntos; 2. Victoria CF (dous partidos menos) e Escuela FB Amistade (dous partidos menos), 27 puntos... 10. Dumbría CF (un partido menos), 12 puntos...

13ª xornada: CLUB ROSALÍA MERA - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, o domingo 10 de decembro ás 10:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
13ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, o domingo 10 de decembro ás 10:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A Femenino (un partido menos), 33 puntos; 2. Victoria CF (dous partidos menos), 30 puntos; 3. Racing de Ferrol (tres partidos menos), 24 puntos... 7. Atlético Arteixo, 16 puntos... 12. AD Cristo Rey (un partido menos), 7 puntos; 13. Orzán SD Infantil B Femenino (un partido menos), 4 puntos; 14. Club Rosalía Mera (dous partidos menos), 3 puntos...

Segunda Federación
15ª xornada: FABRIL - CORUXO FC, o domingo 10 de decembro ás 19:30 en Abegondo
Clasificación: ... 8. Racing Villalbés, 20 puntos; 9. Valladolid Promesas, 19 puntos; 10. Fabril e Coruxo FC, 17 puntos; 12. Real Avilés Industrial, RS Gimnástica de Torrelavega e Oviedo Vetusta, 15 puntos...

Categoría xuvenil
14ª xornada: REAL OVIEDO - XUVENIL A, mañá sábado 9 de decembro ás 15:45 no Requexón (campo 2)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Real Oviedo, 30 puntos; 3. Xuvenil A, 29 puntos; 4. Real Racing Club, 28 puntos; 5. SD Compostela, 25 puntos...

15ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - XUVENIL B, mañá sábado 9 de decembro ás 12:15 na Grela 1
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 39 puntos; 2. RC Celta B, 32 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF, 25 puntos...

Categoría cadete
13ª xornada: CADETE - ED XUVENTUDE DE OROSO, o domingo 10 de decembro ás 18:30 en Abegondo
13ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 1 - SAN TIRSO SD CADETE 0
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 36 puntos; 2. RC Celta, 34 puntos... 5. ED Xuventude de Oroso, 22 puntos... 14. San Tirso SD Cadete (un partido mais), 10 puntos...

Categoría infantil
12ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - INFANTIL, mañá sábado 9 de decembro ás 12:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
12ª xornada: AROSA SC 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Pablo Barral)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta (un partido mais), 34 puntos; 2. Infantil, 33 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 23 puntos... 7. Ural Español CF y San Tirso SD (un partido mais), 16 puntos... 

Categoría alevín
8ª xornada: CD CALASANZ - ALEVÍN A, o domingo 10 de decembro ás 9:30 na Torre (campo 4)
8ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - IMPERÁTOR OAR, o domingo 10 de decembro ás 10:30 na Torre (campo 4)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A e Fabril FC Alevín, 21 puntos; 3. CD Calasanz (un partido menos), 13 puntos... 9. Imperátor OAR, 0 puntos...

VII Torneo Internacional Tucho de la Torre no campo de San Pedro (Marín)
Primeira Fase
Venres 8 de decembro
ALEVÍN A 3 (Álvaro Gómez, Enzo Bértoa e Manu Sande) - CD LUGO 0
PABELLÓN OURENSE CF 0 - ALEVÍN A 1 (Nacho Villanueva)
SC BRAGA 2 - ALEVÍN A 2 (David Gómez -2-)
ALEVÍN A 4 (Manu Sande, Álvaro Gómez, Sergio Fernández e Nacho Villanueva) - EF VILA DE CORPUS 0

Sábado 9 de decembro
11:30: FC PORTO - ALEVÍN A (campo 2)
O catro primeiros equipos pasan a cuartos de final; mentres que os dous restantes xogarán unha fase de consolación, todo iso a partir das 13:00 horas

Zaratán Cup 2023 nos campos do Plantío de Zaratán (Valladolid)
Primeira fase
Venres 8 de decembro
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Xiao Fontao e Nico Rodríguez) - ARANDINA CF A 1
FABRIL FC ALEVÍN 9 (Xiao Fontao, Hugo Álvarez, Miguel Candal -4-, Alejandro Astray, Hugo Oliveira e Hugo Quintela) - ZARATÁN SPORT B 1
FABRIL FC ALEVÍN 10 (Alejandro Astray -3-, Hugo Álvarez -2-, Xiao Fontao, Nico Rodríguez, Hugo Oliveira, Hugo Quintela e Miguel Candal) - ATLÉTICO TORDESILLAS 1

Sábado 9 de diciembre
Fase de Ouro 
11:30: FABRIL FC ALEVÍN - ARANDINA CF B

Categoría benxamín
8ª xornada (martes 5): BENXAMÍN A 8 (Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o -2-, Alex Casado, Leo Lorenzo e Antón Fernández) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A (un partido máis), 21 puntos; 2. Ural Español CF, 15 puntos...

VII Torneo Internacional Tucho de la Torre no campo de San Pedro (Marín)
Primeira Fase
Venres 8 de decembro
BENXAMÍN A 5 (Mateo Songo'o -2-, Alberto Novo, Andrés Valencia e Adrián Liñares) - AROSA SC 1
PABELLÓN OURENSE CF 0 - BENXAMÍN A 2 (Antón Fernández e Leo Lorenzo) 
SC BRAGA 1 - BENXAMÍN A 3 (Enzo -2- e Mateo Songo'o)
BENXAMÍN A 2 - UD SANTA MARIÑA 0

Sábado 9 de decembro
10:00: FC PORTO - BENXAMÍN A (campo 2)
O catro primeiros equipos pasan a cuartos de final; mentres que os dous restantes xogarán unha fase de consolación, todo iso a partir das 13:00 horas

8ª xornada (martes 5): FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Joel Losada -2- e Martín Martelo) - UD CARRAL 0
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín, 24 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz (un partido menos) e Santa Cruz CF, 15 puntos...

VII Torneo Internacional Tucho de la Torre no campo de San Pedro (Marín)
Primeira Fase
Venres 8 de decembro
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Leo Galván) - VITÓRIA SC 1
12:30: FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Martín Martelo e Nico Castro) - EF VILA DE MARÍN 2
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SPORTING DE GIJÓN 2
SPORTING CP 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 0

Sábado 9 de decembro
11:00: RC CELTA - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)
O catro primeiros equipos pasan a cuartos de final; mentres que os dous restantes xogarán unha fase de consolación, todo iso a partir das 13:00 horas