RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Sara Debén, nova xogadora do Dépor ABANCA 2023-24

Sara Debén Mota (Ponteareas, Pontevedra, 29 de xuño de 2000) converteuse na terceira incorporación do Dépor ABANCA 2023-24.

A futbolista pontevedresa, que actúa como central ou lateral esquerda dada a súa condición de zurda, procede do Fundación Albacete Femenino, equipo no que militou as tres últimas temporadas.

Formada nas filas do Atlántida Matamá vigués, Sara Debén fichou en 2019 polo Oviedo Moderno CF, co que se estreou na categoría de prata xogando 18 encontros, 14 como titular. Após unha soa temporada na capital asturiana puxo rumbo á cidade manchega. Na súa primeira campaña en Albacete apenas tivo oportunidades (9 partidos, 6 como titular), pero nas dous seguintes asentouse no once: na 2021-22 actuou en 23 encontros (19 como titular) e na recentemente terminada xogou 24 choques (21 de inicio).

Sara Debén súmase ao cadro deportivista 2023-24 tralas renovacións de Lucía Alba, Henar Muiña e Cris Martínez durante o curso 2022-23, as recentes ampliacións de Millene, Raquel García, Charle e Samara, as xogadoras con contrato en vigor: Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Ainhoa Marín e Carlota Suárez, e as fichaxes de Clara Rodríguez (FC Barcelona B) e Laurina (Real Betis Féminas).