RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Semana curta para o Dépor ABANCA con cita este venres ante o Levante UD en ABANCA-RIAZOR co propósito de "xogar os 90 minutos como a primeira parte en Adeje"

O Dépor ABANCA, hoxe luns con xornada de descanso, encara desde mañá martes unha semana curta previa ao encontro ante o Levante UD previsto para este venres 17 de xaneiro ás 20:00 horas en ABANCA-RIAZOR (Dazn), correspondente á 15ª xornada.

As Nosas chegan ao partido en 15ª posición da táboa con 9 puntos.

Ao acabar o encontro do pasado sábado ante o UD Costa Adeje Tenerife Egatesa, Fran Alonso pediu ás súas xogadoras "un pouquiño máis de forza mental se concedemos un gol, que normalmente pasa a equipos que estamos na parte baixa da táboa. Non é o mesmo perder 2-1 que 5-1. As sensacións son distintas".

Apunta que "hai que competir até o asubío final" e queda con "a boa actuación da primeira parte" en Adeje.

De feito, desexa ante o Levante UD en ABANCA-RIAZOR "xogar así de ben os 90 minutos".

O equipo realizará 3 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, con esta planificación:

Martes 14 de xaneiro
11:00 h.

Mércores 15 de xaneiro
11:00 h.

Xoves 16 de xaneiro
11:00 h.

Venres 17 de xaneiro
20:00: Deportivo ABANCA - Levante UD, en ABANCA-RIAZOR