A xornada desta semana en #ANOSACANTEIRA está marcada por #ONOSODERBI na División de Honra cadete e infantil o sábado 9 de novembro. Deportivistas e célticos chegan igualados a puntos na cabeza da clasificación.
En cadetes o partido xogarase en Vigo (12:00) mentres que en infantís será en Abegondo (16:45 horas).
En Segunda Federación, o Fabril de Manuel Pablo, substituto de Óscar Gilsanz, visita a un Real Avilés Industrial empolicado á zona nobre de Segunda Federación.
Os fabrilistas acumulan 3 vitorias consecutivas ante UM Escobedo (4-0), Rayo Cantabria (1-2) e CD Guijuelo (1-0).
Esta semana o xuvenís Guerrero e Samu, que debutou a pasada fin de semana co filial, adestráronse co primeiro equipo.
Na xornada do sábado 9 de novembro o Xuvenil A, con Miguel Figueira ao mando en substitución de Manuel Pablo, retoma a liga despois do parón da pasada fin de semana coa visita ao CD Choco en Redondela (16:30).
Ademais dos alevíns e benxamíns na Torre na 3ª xornada da Primera A Coruña de fútbol 8, o San Tirso SD Cadete recibe ao Arosa SC (11:00 no Monte) e o San Tirso SD Infantil visita (12:00 no campo Manuel Jiménez Abalo) ao Arosa SC.
Finalmente a xornada do domingo a completa o Xuvenil B en Abegondo (12:00) co seu encontro ante o Coruxo FC.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
11ª xornada: REAL AVILÉS INDUSTRIAL - FABRIL, o domingo 10 de novembro ás 17:00 no Estadio Román Suárez Puerta
Clasificación: ... 4. Real Avilés Industrial, 18 puntos; 5. Bergantiños CF, Real Valladolid Promesas, Fabril, UP Langreo e Salamanca CF UDS, 16 puntos; 10. Rayo Cantabria, 15 puntos...
Categoría xuvenil
10ª xornada: CD CHOCO - XUVENIL A, o sábado 9 de novembro ás 16:30 no campo de Santa Mariña (Redondela)
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 25 puntos; 2. RC Celta, 21 puntos... 15. CD Choco, 5 puntos...
10ª xornada: XUVENIL B - CORUXO FC, o domingo 10 de novembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 24 puntos; 2. Xuvenil B, 22 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 21 puntos; 4. Racing de Ferrol, 20 puntos... 6. Coruxo FC, 14 puntos...
Categoría cadete
9ª xornada: RC CELTA - CADETE, o sábado 9 de novembro ás 12:00 na Madroa (campo 2)
9ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - AROSA SC, o sábado 9 de novembro ás 11:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Cadete, 24 puntos; 3. CD Lugo, 18 puntos... 6. ED Val Miñor Nigrán e Arosa SC, 14 puntos; 8. San Tirso SD Cadete, 11 puntos; 9. UD Santa Mariña e Escola de Fútbol DSF, 10 puntos...
Categoría infantil
8ª xornada: INFANTIL - RC CELTA, o sábado 9 de novembro ás 16:45 en Abegondo
8ª xornada: AROSA SC - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 9 de novembro ás 12:00 no campo Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Infantil, 21 puntos; 3. Racing de Ferrol, 18 puntos... 6. San Tirso SD Infantil, 12 puntos... 10. Arosa SC, 7 puntos...
Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - ALEVÍN A, o sábado 9 de novembro ás 10:30 na Torre (campo 4)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: FABRIL FC ALEVÍN - VICTORIA CF, o sábado 9 de novembro ás 19:00 na Torre (campo 2.2)
Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: ATLÉTICO CASTROS - BENXAMÍN A, o sabado 9 de novembro ás 18:00 na Torre (campo 2.2)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: FABRIL FC BENXAMÍN - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 9 de novembro ás 18:30 na Torre (campo 4)