Cara e cruz para o Orzán SD Sub-21 e Orzán SD Xuvenil hoxe domingo en ANOSACANTEIRA feminina
Dous partidos xogáronse hoxe domingo en ANOSACANTEIRA feminina con cara e cruz para os representantes orzanistas.
O Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia) superou en Valdoviño ao Escuela FB Amistade (0-12) e mantense á fronte da Primera Autonómica.
A cruz foi para o Orzán SD Xuvenil, que caeu en Dumbría (5-2) e cae á 4ª posición da Segunda Autonómica.
O partido do Dépor ABANCA B ante o Victoria CF o pasado venres na Grela 1 abriu unha xornada reducida debido a que non houbo liga para o Orzán SD Cadete, Orzán SD Infantil A e o Orzán SD Infantil B.
O filial, despois do empate ante o RC Celta da pasada fin de semana, volveu igualar (0-0) ante un rival tamén situado na zona alta da Tercera Federación.
As branquiazuis mantéñense na 2ª praza con 21 puntos por 24 do líder, o Olímpico de León.
ANOSACANTEIRA celebra ademais o regreso á selección española sub-16 de Antía Veiga con motivo duns adestramentos en Las Rozas (Madrid) do martes 5 ao xoves 7 de novembro.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Tercera Federación 9ª xornada: VICTORIA CF 0 - DEPORTIVO ABANCA B 0
Primera Autonómica 8ª xornada: ESCUELA FB AMISTADE 0 - ORZÁN SD SUB-21 12 (Daniela Macedo -3-, Sofía Rodríguez -4-, Emma Gandoy, Antía Brage, Mica Baratelli e Dunia Dahmouni -2-)
Segunda Autonómica 8ª xornada: CF DUMBRÍA 5 - ORZÁN SD XUVENIL 2 (Ángela Cotelo e Alexia Freire)