RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Traballo táctico de cara ao partido ante a SD Eibar consciente o Dépor que "os obxectivos nolos vai a ir marcando o día a día"

O Dépor realizou unha nova sesión de adestramento no campo 2 da Cidade Deportiva.

Onte na rolda de prensa de presentación de Óscar Gilsanz, Fernando Soriano, Director de Fútbol do Club, lembrou "as dificultades que ten esta categoría. Hai que ir partido a partido, día a día. Vímolo a temporada pasada, a dificultade que ten".

Asegura que "o descenso non o queremos nin nomear. Buscouse un cambio para cambiar a dinámica e estar o máis lonxe diso. A partir de aí gañar todos os partidos, sumar de 3 en 3 e estar o máis arriba posible".

Conclúe que "non renunciamos a nada, cos pés no chan. Ser o suficientemente responsables sabendo a quen representamos e que cada partido que saltemos ao campo saír coa idea e as ganas de gañar".

Óscar Gilsanz lembra que "o traballo e os obxectivos váinolos a ir marcando o día a día. Non me gusta máis aló do partido do domingo (neste caso o do luns 11 de novembro ás 20:30 en ABANCA-RIAZOR ante a SD Eibar), que é o único importante que temos entre mans. A partir de aí xa iremos vendo".

O corpo técnico branquiazul dispuxo após unha activación con rondos, un exercicio de posición, unha tarefa de transicións e un partido en espazo intermedio.

Tiveron traballo personalizado Ximo Navarro, Mfulu, Jose Ángel e Jaime. Pola súa banda, Escudero realizou xa tarefas co grupo e entra na recta final da súa recuperación da escordadura de nocello que lle obrigou a pedir o cambio no descanso do partido de Cartagonova.

Adestráronse co primeiro equipo os canteiráns Alfaro, Íker Vidal, Guerrero e Samu.

Mañá venres 8 de novembro o Dépor repite traballo en Abegondo cos mesmos horarios: almorzo a partir das 8:30 e saída ao campo ás 11:00.