RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Parte médico de Jaime Sánchez

Jaime Sánchez foi sometido a probas médicas no Hospital Quirónsalud A Coruña para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle obrigaron onte mércores a retirarse do adestramento.

Os Servizos Médicos confirmaron unha lesión muscular na coxa esquerda.

Así pois, o defensor branquiazul estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia antes de iniciar a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos.