A OAD pecha este luns, día do partido ante a SD Eibar, e unicamente abren os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 16:30
Este luns 11 de marzo, día do partido ante a SD Eibar en ABANCA-RIAZOR (20:30, LaLiga TV Hypermotion), a Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) permanecerá pechada.
Si abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 16:30.
Están á venda as entradas de público cuxos prezos oscilan entre os 120 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 20 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.
En Marathón Inferior as entradas son nominativas. Por conseguinte, aqueles abonados que queren comprar unha entrada de público para a dita bancada teñen que facelo de maneira presencial presentando o DNI da persoa abonada.
As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es.
Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.