RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
XUVENIL B

Suma e segue para un Xuvenil B de récord

Un Xuvenil B de récord suma e segue sumando vitorias e puntos á fronte da Liga Nacional. Nesta ocasión o seu rival foi en Abegondo o AJ Lérez, ao que derrotou (4-0) con goles de Hugo Torres, Héctor -2- e Rubén.

Os pupilos de Miguel Figueira suman 12 vitorias en 12 partidos disputados, cun balance de 46 goles a favor e tan só 7 en contra. Só o RC Celta B parece seguirlle o ronsel. Os célticos son segundos con 26 puntos, 10 menos que os deportivistas. 

Xuvenil B: Anxo, Javi Fernández, Hugo Torres, Samuel Fernández, Adrián Vázquez, Iván Barreiro, José Rey, Lucas, Rubén, Nico Ruiz e Héctor. Tamén xogaron: David, Samuel Vázquez, Álvaro, Xian e Daniel.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao Racing de Ferrol.

Os resultados até a data do conxunto deportivista son os seguintes:

Xuvenil B 4 (Héctor -2-, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - CD Lugo B 2
Porriño Industrial FC 0 - Xuvenil B 3 (Héctor, Rubén e Xian)
Xuvenil B 3 (José Rey, Rubén e Álvaro) - Pontevedra CF 0
Pabellón Ourense CF 1 - Xuvenil B 2 (Lucas e Rodrigo)
Xuvenil B 4 (Samuel Vázquez, Lucas -2- e Rubén) - CVC Valladares 0
CD Boiro 0 - Xuvenil B 8 (Lucas -2-, Rubén -2-, Héctor e Rodrigo -3-)
Xuvenil B 4 (Héctor, Rubén -2- e Adrián Vázquez) - Ural Español CF 0
UD Ourense 0 - Xuvenil B 2 (Daniel e Rubén)
Xuvenil B 4 (Rubén -2-, Lucas e Héctor) - Bergantiños CF 2
RC Celta 0 - Xuvenil B 3 (Lucas, Xian e José Rey)
Coruxo FC B 2 - Xuvenil B 5 (Samuel Vázquez, Rubén, Héctor, José Rey e Daniel)
Xuvenil B 4 (Hugo Torres, Héctor -2- e Rubén) - AJ Lérez 0