Un defensivo Alondras CF anulou en Abegondo (0-0) o ataque do Fabril neste partido correspondente á 28ª xornada en Terceira RFEF.
Os fabrilistas, que se presentaban ao choque con boas sensacións após a súa boa actuación da pasada fin de semana no Barco, dominaron o xogo, dispuxeron das mellores oportunidades como unha de Davo na primeira metade, pero non foron capaces de perforar a muralla visitante.
Con este resultado, o Fabril suma 34 puntos na oitava posición da táboa.
Fabril: Alberto, Currás, Juan Rodríguez, Dani Barcia, Iano Simao, Barba, Brais Val, Runy, Javi Sanmartín, Mella e Davo. Tamén xogaron: Jairo, Nájera, Fabio, Víctor e Juan Cambón.
A próxima fin de semana, a Fabril visita á UD Somozas.
Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:
Fabril 0 - Racing Villalbés 0 Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay) Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0 Polvorín FC 1 - Fabril 0 Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0 Ourense CF 0 - Fabril 0 Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0 SD Juvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0 Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1 Alondras CF 1 - Fabril 0 Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0 CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy) Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia) Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2 Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo) Racing Villalbés 1 - Fabril 0 Fabril 0 - CF Noia 0 Viveiro CF 1 - Fabril 0 Fabril 4 (Davo -3- e Nájera) - Polvorín FC 1 Fabril 2 (Runy e Davo) - Atlético Arnoia 0 CD Choco - Fabril, aprazado Fabril 0 - Ourense CF 1 SD Sofán - Fabril, aprazado Fabril 1 (Runy) - SD Xuvenil de Ponteareas 1 CD Barco 1 - Fabril 1 (Javi Sanmartín) Fabril 0 - Alondras CF 0