RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Un Fabril "coidando as cargas" enfróntase mañá mércores nas Eiroas ao Bergantiños CF no partido aprazado polo temporal

O Fabril rende visita mañá mércores 18 de decembro ao Bergantiños CF nas Eiroas (20:00 horas, TVG-2), en partido correspondente á 13ª xornada que foi aprazado o pasado 24 de novembro polo temporal de vento e choiva que azoutou ese día a comarca.

Os resultados da última xornada, co triunfo fabrilista en Abegondo por 3-0 ante o CD Laredo do pasado sábado, deixou ao filial con 25 puntos na 6ª posición da clasificación.

Manuel Pablo confirmou na sala de prensa de Abegondo as baixas por lesión de Quique Teijo, Noé e Pablo García; e "coidando as cargas. Hai xogadores con molestias pero non contamos con máis baixas", apostilou.

O técnico fabrilista indicou ante os medios de comunicación que "estamos a tentar recuperar á xente con molestias e logo elixir".

Ambos os equipos víronse as caras en Abegondo a pasada pretemporada, concretamente o 3 de agosto (na foto da noticia), nun amigable que levou o Fabril por 1-0 con gol de Luisao.

Pola súa banda, o Bergantiños CF, que empatou fóra de casa ante o UM Escobedo (1-1), é 13º na táboa con 20 puntos.

No seu campo das Eiroas esta temporada o 'Bergan' gañou ao Real Avilés Industrial (4-1) e Real Ávila CF (2-1); empatou co CD Numancia (1-1), UD Llanera (2-2) e CD Laredo (1-1); e caeu coa SD Compostela (0-4) e CD Marino de Luanco (1-2).