RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Manuel Pablo: "Queremos ser ambiciosos"

Manuel Pablo afirmou na sala de prensa de Abegondo que o Fabril chega a esta recta final do ano 2024 "tentando mellorar en situacións con balón. O outro día en Salamanca na primeira parte estivemos moi ben na presión pero séguenos faltando esa tranquilidade con balón. Temos que seguir traballando esa idea".

Insiste en "mirar cara a adiante. Queremos ser ambiciosos. Para iso traballa o corpo técnico e niso creo que está o equipo metido".

Ante 3 partidos nunha semana (CD Laredo, Bergantiños CF e Gimnástica de Torrelavega) manifestou que "primeiro nos temos que centrar en sacar este en casa. É importante que recuperásemos xogadores tamén como Luisao e outra xente que estaba fóra. Vainos a permitir ter máis fondo de armario para poder rotar".

Admite que "non estamos afeitos a 3 partidos nunha semana e imos necesitar a case todos".

Do CD Laredo, rival mañá sábado 14 de decembro ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) en Abegondo, o técnico fabrilista resalta que "acumula moita xente en zona defensiva, deixa poucos espazos".

Por conseguinte, pide "tranquilidade, non querer facer o primeiro gol nos primeiros minutos e que se acabe o partido aí, ter paciencia, mobilidade e non entrar en que parece que se acaba o partido en 10 minutos".