Un San Tirso SD Cadete á alza saca 3 puntos máis na súa visita ao CD Areosa
Un San Tirso SD Cadete claramente á alza saca 3 puntos máis ao derrotar a domicilio (0-3) ao CD Areosa, en partido que abre a segunda volta na División de Honra.
Mauro -2- e Pablo Crespo certificaron cos seus goles a terceira vitoria consecutiva dos 'verdes', que sen dúbida atravesan o seu mellor momento da temporada.
Con este resultado, o equipo de Samuel Montoto suma 19 puntos, fóra dos postos de perigo.
San Tirso SD Cadete: Antón, Sabino, Sergio Míguez, Adrián, Samba, Ander, Borja, Mauro, Pablo Crespo, Nico e Gael. Tamén xogaron: Xoel, Héctor, Casuso e Joaquín.
A próxima fin de semana, o San Tirso SD Cadete recibe no Monte ao Victoria CF.
Os resultados do San Tirso SD Cadete até a data son os seguintes:
San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - CD Areosa 2 Victoria CF 0 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo e Gael) San Tirso SD Cadete 0 - ED Xuventude de Oroso 1 Pabellón Ourense CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta) Atlético Coruña Montañeros CF 1 - San Tirso SD Cadete 0 San Tirso SD Cadete 1 (Antón Sánchez) - RC Celta 3 Arosa SC 1 - San Tirso SD Cadete 0 San Tirso SD Cadete 0 - ED Val Miñor Nigrán 1 Coruxo FC 1- San Tirso SD Cadete 3 (Guille, Samba e Héctor) San Tirso SD Cadete 2 (Héctor e Gael) - Ural Español CF 4 Salgueiriños CF 3 - San Tirso SD Cadete 2 (Gael e Guille) San Tirso SD Cadete 2 (Nico e Héctor) - UD Ourense 1 CD Conxo Santiago 1 - San Tirso SD Cadete 0 San Tirso SD Cadete 0 - CD Lugo 2 Deportivo 4 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo Crespo e Gael) San Tirso SD Cadete 2 (Gael e un futbolista rival en propia meta) - Rápido de Bouzas 1 Racing de Ferrol 1 - San Tirso SD Cadete 2 (Borja e Sabino) CD Areosa 0 - San Tirso SD Cadete 3 (Mauro -2- e Pablo Crespo)