Un triunfo e un empate nos amigables disputados este sábado en ANOSACANTEIRA
Nova semana de pretemporada en ANOSACANTEIRA cun novo equipo que se sumou este mércores 31 de xullo aos adestramentos, o Xuvenil B, campión da Liga Nacional.
O equipo de Miguel Figueira únese así ao Dépor ABANCA B e ao Xuvenil A (na foto da noticia), que hoxe tivo o seu primeiro test de pretemporada en Val do Dubra ante o conxunto local de Preferente Autonómica.
O encontro, moi entretido para os afeccionados, acabou nunha espectacular igualada (4-4). Héctor foi o protagonista xa que marcou 3 dos 4 tantos do seu equipo. Miguel de Labra completou o marcador.
Na quenda de penaltis para decidir o gañador estivo máis acertado o Dubra SD (4-1).
Tamén hoxe sábado o Fabril venceu (1-0) en Abegondo ao Bergantiños CF, recentemente ascendido a Segunda Federación como campión de Tercera RFEF.
Foron baixa por problemas físicos Vilela, Mardones, Dylan e Álex Pereira, este lesionado ante o CD Lugo o pasado mércores en Vilalba. Decidiu o partido un tanto de Luisao na segunda metade.
Os resultados dos amigables desta semana foron os seguintes:
Segunda Federación Mércores 31 de xullo: CD LUGO 3 - FABRIL 0 FABRIL 1 (Luisao) - BERGANTIÑOS CF 0
Categoría xuvenil DUBRA SD (Preferente Autonómica) 4 - XUVENIL A 4 (Héctor -3- e Miguel de Labra). A penaltis: 4-1