A AD Mérida puxo a disposición do Deportivismo 400 entradas, en formato físico, do Estadio Romano "José Fouto" a un prezo de 15 euros cada unha, de cara ao partido do próximo domingo 11 de setembro ás 12:00 h. (Insports.tv).
Ao ser en formato físico, as localidades venderanse, presencial e exclusivamente a persoas socias do Club, a partir do martes 6 de setembro ás 16:30 h. e até o xoves 8 ás 20:00 h., na Oficina de Atención ao Deportivismo do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de La Habana s/n) dentro do seu horario de campaña de abonos, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas, unha ou dúas por carné, mostre o DNI orixinal (ou copia ou imaxe) de cada persoa que as vai a utilizar, e que un deles pertenza á persoa titular do abono.
A Federación de Peñas do RC Deportivo tamén xestionará pola súa conta e para os seus membros a cota do total de entradas correspondente por convenio entre ambas as entidades.