Desde hoxe e até o comezo do último partido do Trofeo Teresa Herrera póñense a disposición de calquera persoa afeccionada que desexe acudir ao torneo, as entradas para esta edición 2022 que se disputa o sábado 13 de agosto en ABANCA-RIAZOR.
As entradas poden comprarse aquí: https://bancada.rcdeportivo.es/ durante as 24 horas do xoves, o venres, así como o sábado até as 20:30 h.
O sábado, día do Teresa Herrera, tamén se poden adquirir, fisicamente, nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor, ininterrompidamente abertas desde as 11:00 h.
As entradas son válidas para os dous partidos: 18:00 h. Dépor ABANCA-Famalicão (X Teresa Herrera Feminino de fútbol) e 20:30 h. Dépor-Metalist (LXXVII Teresa Herrera Masculino de fútbol)
O prezo das entradas é de 10 euros (Tribunas e Preferencias) e 5 euros (Fondos).
O 100% da recadación destinarase a axudar ás familias ucraínas refuxiadas pola guerra no Estadio de Kharkiv onde xoga os seus partidos o Metallist. A recadación canalizarase a través da asociación AGA Ucraína, que ademais habilitou unha Fila 0 para que poidan colaborar acódelas socias do Deportivo ou calquera cidadán que o desexe:
Fila 0 AGA Ucraína: ABANCA ES7320800000723040270691
As persoas socias do Deportivo non teñen que pagar entrada e poden acceder co seu carné en formato dixital (descargándoo na APP RC Deportivo) ou físico.
No caso de que por motivos do envío postal as persoas socias do RC Deportivo non recibisen aínda o seu carné e tampouco o teñan descargado na APP RC Deportivo, poderán solicitar unha entrada de incidencia nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor para acceder á súa localidade sen ningún tipo de problema nin custo adicional.